fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 25 Outubro 2022 21:45

A Biblioteca Municipal distinguida como a máis innovadora de Galicia na súa categoría

A Biblioteca Municipal distinguida como a máis innovadora de Galicia na súa categoría

Hoxe recibimos o Premio a Innovación Bibliotecaria. Un galardón que distingue ao Concello de Soutomaior pola súa labor no fomento da lectura ca iniciativa ‘Bibliofogar’ que achega os libros ás persoas que non poden ir á Biblioteca.

Un auténtico orgullo que se recoñeza a gran labor dos/as traballadores/as da biblioteca e o esforzo que se fai dende o Concello para que todo o mundo poida acceder á cultura.

Seguiremos traballando para mantermos como un referente para o resto de Concellos galegos. Durante o seu discurso, o alcalde de Soutomaior lembrouse tamén de todos os veciños e veciñas que participan nas actividades da biblioteca e que nos axudan a mantela viva.


Visto 513 veces