fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 18 Marzo 2022 13:17

Celebramos o Día Internacional da Narración Oral cunha sesión de Contacontos

Celebramos o Día Internacional da Narración Oral cunha sesión de Contacontos

Hoxe celébrase o Día Internacional da Narración Oral. Desde o Concello sabemos que a literatura, en calquera das súas formas, é a mellor ferramenta para estimular aos máis cativos, por iso non perdemos ningunha oportunidade de organizar sesións especialmente dirixidas a eles. Así, este mércores ás 18.00 horas, os nenos e nenas de Soutomaior poderán gozar dunha sesión de contacontos da man de Soledad Felloza na Biblioteca Municipal.

A obra que se vai a presentar titúlase Bailar nas Nubes e conta a historia de Mara, unha nena que soña con bailar coas nubes, pero a súa casa está pegadiña a terra e moi lonxe do ceo. Só a axuda de novos veciños fará que ou soño sexa unha realidade. Trátase dun espectáculo inspirado no libro de Vanina Starkoff de Editorial kalandraka.

Non volo perdades, este mércores todos os nenos teñen unha cita con Mara nas nubes.

O libro:

O libro é unha viaxe poética e visual para chegar a bailar coas nubes. No espectáculo cóntase a historia de cada unha das casas, das persoas que fan posible o soño. Porque a historia de cada un de nós é unha tea feita dos fíos da memoria de todos. Cada casa é un conto diferente. En cada sesión cóntanse tres historias que se adaptan as idades do público.

Baixa das nubes filla, é a frase que máis escoita Mara, pero coas historias que lle contan seus veciños, e moi difícil non sentir o corpo lixeiriño. Cada libro que Mara descubre é un chanzo máis na escaleira da imaxinación.


Visto 621 veces