fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 20 Xaneiro 2022 16:34

Entrega de cheque solidario a Cáritas Arcade.

Entrega de cheque solidario a Cáritas Arcade.

No mes de decembro o Concello de Soutomaior a través da Biblioteca Municipal organizou o mercado solidario de libros "Un libro, unha ilusión" co fin de recadar fondos destinados ás familias máis desfavorecidas do municipio e contribuír a que estas poidan acceder a recursos necesarios para o seu día a día como alimentos, roupa, etc. Recadáronse 312 euros que se entregaron no día de hoxe á entidade Cáritas Diocesana de Arcade co fin de que sexa esta quen os distribúa entre as familias de Arcade e Soutomaior pois ten unha gran experiencia e son moitas as persoas a acuden a ela na procura de recursos. Ao acto de entrega do cheque asistiron a edil de Cultura, Noelia Ocampo González, a Bibliotecaria Municipal Patricia Saavedra e, en representación de Cáritas, a presidenta Concepción Tirado, e o párroco de Arcade. 

Queremos agradecer a todas as persoas que participástedes nesta iniciativa solidaria, pois ao mercar os libros aportástedes o voso gran de area para mellorar a vida de veciños e veciñas que por diferentes circunstancias están a ter maiores dificultades nestes momentos. Iniciativa que, por outra banda, tamén lles da unha segunda vida aos libros.


Visto 892 veces