fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 21 Decembro 2021 17:21

Títeres Cachirulo: O Apalpador

Títeres Cachirulo: O Apalpador

Este mércores 22 de decembro  ás 18 h chega á Biblioteca Municipal Luís Seoane  "A historia do Apalpador". Un espectáculo de títeres no que se conta a histora desta personaxe da tradición popular galega nada no Courel.

Está ligado ás festas do Nadal e gústalle compartir connosco estes bonitos días. É un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.

Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai aparecer, coas pólas dos bosques e fragas, os xoguetes que as madeiras agochan. O 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos casa por casa e déixalles como obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira.

O aforo será limitado. Entrada de balde


Visto 530 veces