fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 03 Decembro 2021 13:24

Volve o programa municipal Bibliofogar. "Os libros que se achegan a túa casa!"

Volve o programa municipal Bibliofogar. "Os libros que se achegan a túa casa!"

 

Trátase dun servizo municipal do Concello de Soutomaior de extensión bibliotecaria posto en marcha a través da Biblioteca Municipal "Luís Seoane" co fin de achegar a lectura ás persoas que teñan dificultades para acceder a ese servizo de forma presencial ou que o necesiten.

Para solicitar o servizo hai varias opcións:

- Solicitándoo presencialmente na Biblioteca Municipal “Luis Seoane” de Soutomaior de xeito presencial na Biblioteca ou ben chamando ao número 986 700 291 ou enviando un correo:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

- Enviando un correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.; ou por teléfono no:  986 700 291.

- Cumprimentando este formulario de abaixo e dándolle a enviar: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-municipais/biblio-fogar

 

Para poder solicitar este servizo cómpre vivir no termo municipal de Soutomaior e ser socio/a da Biblioteca Municipal de Soutomaior ou de calquera Biblioteca da Rede Pública de Bibliotecas de Galicia. SOLICITUDE CARNÉ DA BIBLIOTECA Luis Seoane

O material que se poden solicitar en préstamo é:

Ata 3 libros, 2 audiovisuais e 1 revista durante 15 días, por socio/a non renovables.

Desde a Concellería de Cultura enviamos cartas a todas as asociacións rexistradas no rexistro local de asociacións do Concello para que estas entidades tamén poidan solicitar este servizo para achegar o servizo a todos os barrios e ter un punto de referencia próximo á súa casa. Tamén se enviou unah carta a todas as persoas maiores de 55 anos pois as persoas maiores ás veces son as que maior dificultade teñen de achegarse aos servizos presencialmente ou informarse a través das novas tecnoloxías. Co fin de achegar a cultura e a lectura a todas as persoas este servizo xa está en marcha e en calquera momento as persoas interesadas poden comezar a recibir os seus pedidos en préstamos de todos os fondos da Biblioteca Municipal Luís Seoane. Actualmente, a maiores de persoas individuais xa están participando os centros de maiores Soutomaiores e Boas Apertas e tamén a asociación do Val Sobral. Animámosvos a todos e a todas a informarvos e solicitar este servizo.

 


Visto 491 veces