fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 03 Novembro 2021 19:21

A Biblioteca Municipal está de celebración!

A Biblioteca Municipal está de celebración!

O proxecto "Bibliofogar" da Biblioteca Municipal Luis Seoane de Soutomaior recibe un dos premios Maria Moliner que outorga o Ministerio de Cultura e Deporte este 2021. O concurso ten por obxectivo premiar a aquelas bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes que leven a cabo un proxecto único que inclúa as accións de animación á lectura, a eficiencia e labor bibliotecaria, a integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías. Este premio permitirá incrementar os fondos da biblioteca para o desfrute dos seus usuarios e usuarias.

Dende a Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal queremos darlle as grazas a todas as persoas que participaron no proxecto. A súa participación activa e implicación, en proxectos desta índole son os que fan posible premios deste tipo. Tamén queremos facer un recoñecemento especial aos centros de maiores do municipio, Soutomaiores e Boas Apertas, porque ambas entidades implicáronse desde o primeiro momento no proxecto e participaron en todas as actividades que lles propuxemos co fin de achegar a lectura ás persoas de maior idade.

Se queredes coñecer máis sobre este proxecto:

https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-municipais/biblio-fogar


Visto 163 veces