fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 02 Novembro 2021 20:56

Laboratorio de Historias! Ciencia para todos e todas.

Laboratorio de Historias! Ciencia para todos e todas.

Celebramos o mes da Ciencia en galego nas Bibliotecas con dous obradoiros que levan por título "Laboratorio de historias"  que se realizarán o mércores 10 novembro aproveitando tamén para celebrar o día internacional dos inventos (9 novembro)  porque estes obradoiros fundamentalmente serán dous obradoiros de invención de historias. As persoas inscritas por medio de dinámicas de creatividade inventarán historias que despois poderán recoller e ler na propia Biblioteca Municipal.

Un obradoiro irá dirixido a público infantil de + 8 anos (10 prazas) ás 16:30-18:00 horas.

Un obradoiro dirixido a persoas adultas a partir de 18 anos de18:15-19:45 (10 prazas).   

           

É necesaria a inscrición previa en calquera deles. En liña ou na Biblioteca Municipal tel 986700291

 

Visto 365 veces