fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 08 Abril 2021 19:42

Bibliofogar! Achegar a cultura e lectura

Bibliofogar! Achegar a cultura e lectura

Bibliofogar é un novo programa que promove a Concellería de Cultura e  Biblioteca Municipal que ten como fin achegar a cultura a todas as persoas do Concello de Soutomaior iniciando un novo servizo de extensión bibliotecaria de préstamo e lectura a domicilio. Dixirixido ás persoas que teñen maior dificultade para achegarse físicamente á Biblioteca. O obxectivo é seguir promovendo a lectura pero tamén dar apoio e acompañamento á xente que máis o necesita, evitando o illamento e maila soidade ao mesmo tempo que se promove  o número de persoas asociadas á Biblioteca Municipal. Dinamizar culturalmente o municipio a través da lectura e de todos os recursos dispoñibles na Biblioteca, achegar a lectura a todas as persoas, facilitar o acceso aos recursos reducindo as barreiras físicas e de mobilidade xa sexan por idade, por impedimento físico ou por mala comunicación e falta de medios para desprazarse. A pandemia puxo de manifesto unha serie de necesidades que xa estaban latentes e que agora vense incrementadas polas circunstancias especiais nas que vivimos, co cal, o acceso aos recursos  existentes tamén se modificou, especialmente para os colectivos máis vulnerables como son a terceira idade, as persoas con poucos recursos,... A isto engádense todas as eivas emocionais que a Pandemia  provoca e que dificultan as relacións sociais e comunitarias. A proposta implica un esforzo maior por parte do Concello para que,  respectando e mantendo as medidas actuais sanitarias, a cidadanía poida seguir beneficiándose do acceso á cultura e á educación en igualdade de condicións pero cómpre facelo para que ninguén quede atrás. 

O préstamo máximo para este servizo a domicilio será de: 3 libros, 2 audiovisuais e 1 revista  por socio/a durante 21 días, non renovables.

O acceso aos servizo será libre e de balde dirixido ás persoas socias da Biblioteca Municipal de Soutomaior, ou calquera outra asociada Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, que viva no termo municipal de Soutomaior. Se non estás asociada é moi sinxelo facelo e para isto podes atopar información na propia Biblioteca ou ben na Web habilitada para prestar este novo servizo con funcións como: asociarse á biblioteca, consultar os catálogo de fondos ou facer os pedidos de préstamos para recibilos en casa: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-municipais/biblio-fogar

Os requisitos para ser socio/a da Biblioteca Municipal son:

  • Cubrir un formulario, descargable na web.
  • Presentar o  DNI
  • Unha fotografía tamaño carné.
  • Para os menores de 14 anos, autorización asinada polo/a titor/a ou representante legal.

Para calquera dúbida ou aclaración podedes poñervos en contacto coa Biblioteca Municipa no número 986700291 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 


Visto 453 veces