fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 22 Xullo 2020 09:06

Obradoiros de inglés. Curso escolar 2020/2021

Obradoiros de inglés. Curso escolar 2020/2021

A partir do día 3 de agosto abrirase o prazo de inscrición para participar nos Obradoiros en inglés que se realizan na Biblioteca Municipal Luís Seoane organizados pola Concellería de Cultura do Concello de Soutomaior.

A actividade constará de xogos, conversación en inglés e apoio na material de inglés durante o curso escolar 2020/2021

Os grupos son reducidos. Van dirixidos a idades dende os 5 a 11 anos. A formación dos grupos farase tendo en conta as idades das persoas inscritas e haberá varios grupos.

As inscricións realizaranse en liña na web https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

Para calquera dúbida sobre esta actividade póñanse en contacto coa Biblioteca Municipal 986700291 


Visto 616 veces