fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 26 Xuño 2020 14:15

Biblioteca Municipal - Aviso

Biblioteca Municipal  - Aviso

A partir do vindeiro luns 29 de xuño a Biblioteca Municipal Luis Seoane de Soutomaior abre todos os seus servizos habituais con seguridade.

Horario:

De luns a venres: 9.00 a 14.00 h.

Elimínase o sistema de cita previa do préstamo e devolución.

E obrigatorio desinfectar as mans con xel hidroalcohólico ao entrar na biblioteca.

É  obrigatorio o uso de máscara para circular pola biblioteca.

Durante a lectura da prensa manterase posta a máscara en todo momento.

Só poden utilizarse os postos habilitados cunha cadeira baleira (sen cinta) e non poden moverse as cadeiras baixo ningunha circunstancia.

 É preferente o uso das escaleiras salvo para persoas con mobilidade reducida ou maiores.

A ocupación máxima para o uso dos aseos é dunha persoa de cada vez.


 


Visto 771 veces