Xoves 12 de decembro ás 17,30 h. Biblioteca Municipal.
Na Biblioteca Municipal do Concello de Soutomaior como cada primeiro xoves de cada mes e dentro da programación de “ xoves de conto” chega a Compañía Moc Moc con “O axudante de Papá Noel”
Se collemos o Nadal, os malabares, a acrobacia, a interacción constante co público e xuntámolos todos no saco de Papá Noel cun dos seus elfos máis pallasos, torpes e rebeldes, o resultado é este tolo contacontos no que aprenderemos a importancia e o beneficio de compartir cos demais. Este pequeno home virá buscando axuda para levar a cabo a tarefa máis importante do ano: repartir os agasallos a todos os nenos do mundo.
Intérprete: MeRe Clown (David Merelas) - Estilo: Contacontos, Clown e circo.
Duración: 40 minutos - Tipo de público:Familiar