fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 22 Outubro 2019 12:47

Día da Biblioteca – Ven a conto – Raquel Queizás

Día da Biblioteca – Ven a conto – Raquel Queizás

Xoves 24 de outubro ás 17,30 h. – Biblioteca Municipal

Sabías que… desde 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca en recordo á destrución da Biblioteca de Saraievo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico?

Celebramos este día para trasladar a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores, de formación e convivencia humana.

 O xoves 24 de outubro é o Día da Biblioteca, por devandito motivo a biblioteca de Soutomaior organiza un contacontos dirixido a todo o público familiar: Ven a conto de Raquel Queizás.

45 minutos de contos para a educación da intelixencia emocional das nenas e os nenos de 3 a 12 anos. Nos espectáculos de Raquel o público é un elemento fundamental, nenas, nenos, adultas e adultos entran a formar parte da historia.

Ademais para celebrar o devandito día, fíxose unha pequena selección de libros que tratan sobre o tema das bibliotecas e os libros para levar en préstamo.

Non vola perdades!!


Visto 818 veces