fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 02 Outubro 2019 11:07

Xoves de Conto – O Xigante

Xoves de Conto – O Xigante

Biblioteca Municipal – Xoves 3 de outubro ás 17,30 h.

A partir do conto de Oscar Wilde.

A Compañía do Elefante Elegante presenta un espectáculo de pequeno formato para bibliotecas destinado ao público infantil entre os 3 e os 8 anos. A narración oral é acompañada polo teatro xestual e pola constante presenza da música. "O Xigante" é unha historia na que conviven o cómico e o poético; a forza da palabra e a elocuencia do xesto; a plasticidade da manipulación dos obxectos e a evolución do dispositivo escenográfico.

Hai moito, moito tempo, nun reino distante, un home decidiu facer unha viaxe. Camiñou, camiñou e camiñou... ata que atopou un xardín marabilloso e alí decidiu quedarse. Pero certo día apareceu un Xigante que quería o xardín só para el. O home que un día decidiu facer unha viaxe, escapando do Xigante atopou unha árbore moi especial. Das súas polas nacían follas, flores, froitos... e libros, moitos libros.


Visto 539 veces