fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 18 Setembro 2019 10:11

Xoves de conto – Seoane, laboratorio de formas

Xoves de conto – Seoane, laboratorio de formas

Xoves 19 de setembro ás 17,30 h. – Biblioteca Municipal

O Día das Artes Galegas 2019 estivo adicado a Luís Seoane e con este motivo presentamos unha actividade centrada na figura deste artista multidisciplinar que explorou o camiño da arte desde numerosas perspectivas pero sobre todo foi un grande impulsor da cultura galega fora das nosas fronteiras.

A súa obra plástica, marcada por unha intensa cor e formas rotundas, é o pretexto para traballar cos máis pequenos conceptos básicos de arte. Adentrarémonos no universo de Luís Seoane para coñecer como manexa o cromatismo e a xeometría nas súas composicións e entender como evolucionou a súa obra desde o máis figurativo ata a abstracción dos planos de cor e a autonomía das liñas.

Idades: 6 - 12 anos - Duración: 60 minutos

 


Visto 582 veces