fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 20 Novembro 2017 11:22

Manuel Seoane Lorenzo cumpre 100 anos

Manuel Seoane Lorenzo cumpre 100 anos

O veciño de Arcade, Manuel Seoane, celebrou os seus 100 anos en compañía de familiares e amigos. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, sumouse ás felicitacións e fíxolle entrega dun agasallo de parte do Concello como homenaxe.

Manuel Seoane é unha persoa moi coñecida en Arcade propietario do Bar Ostricola durante moitos anos e así mesmo foi presidente do C.D. Arcade e de distintas organizacións de carácter veciñal.

O Alcalde Agustín Reguera exprésolle a súa alegría por compartir este momento no seu nome e en nome de todos os veciños do Concello porque Manuel Seoane é unha persoa que forma parte da historia de Arcade e do Concello de Soutomaior.


Visto 2336 veces