Martes, 14 Setembro 2021 12:57

Programa de Termalismo do Imserso. Tempada 2021 Destacado

Programa de Termalismo do Imserso. Tempada 2021

As solicitudes de participación no programa de termalismo para 2021 deberán ser presentadas antes do 1 de outubro de 2021

A través do Programa de Termalismo do Imserso o Estado español proporciona aos/as pensionistas que por prescrición facultativa precisen os tratamentos que se prestan nos balnearios e que reúnan determinados requisitos, o acceso a prezos reducidos a este tipo de establecementos, contribuíndo con iso a mellorar a calidade de vida das persoas maiores, así como a promoción do envellecemento activo, a mellora da saúde e a prevención da dependencia.

Poderán participar no Programa de Termalismo do Imserso, as persoas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

 1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.

2. Ser pensionista de viuvez con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.

3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.

4. Ser persoa asegurada ou beneficiaria do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

 

Para o enchemento e presentación das solicitudes ,pola súa sinxeleza, rapidez e seguridade, recomendamos a presentación de novas solicitudes de forma telemática a través da sede electrónica do Imserso . O acceso á solicitude deste procedemento non require autenticación electrónica (Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico) por parte da persoa interesada.

 Máis información en www.imserso.es (programa de termalismo)

Tamén se pode informar e tramitar as solicitudes a través do departamento de Servizos Sociais do Concello de Soutomaior


Publicado en Servizos Sociais
Visto 288 veces

Concellería de Participación Veciñal
Casa do Concello

A Xunta axuda aos veciños de Lourido para mellorar as súas instalacións

16-04-2021 / Participación Veciñal

Os veciños do barrio de Lourido, en Soutomaior, xa dispoñen dun novo local social totalmente remodelado e adaptado a persoas con mobilidade reducida. A mellora foi presentada hoxe durante a visita da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o alcalde, Agustín Reguera. A actuación financiada polo ente autonómico por importe...

Día dos nosos maiores

08-04-2019 / Participación Veciñal

Dia  dos nosos maiores - 21 de abril O Concello de Soutomaior organiza unha excursión para os maiores empadronados a  Lugo . Ás 8:15 h, saída dende as paradas do transporte escolar en Soutomaior. Ás 8:30h, saída dende o Cruce de Pierres , en Arcade. A viaxe e o xantar son gratuitos para os xubilados empadronados no Concello de Soutomaior. Os acompañantes deberán abonar...

Día dos nosos maiores - Domingo 13 de maio 2018

24-04-2018 / Participación Veciñal

O Concello de Soutomaior organiza unha excursión para os maiores  empadroados a Ourense e xantar no Restaurante Carballeira de Santa Cruz. As saídas serán as 9,15 h dende as paradas do transporte escolar en Soutomaior e ás 9,30 horas dende o cruce de Pierres en Arcade. A viaxe e o xantar son gratuitos para os xubilados empadroados no Concello de Soutomaior (os...

Manuel Seoane Lorenzo cumpre 100 anos

20-11-2017 / Participación Veciñal

O veciño de Arcade, Manuel Seoane, celebrou os seus 100 anos en compañía de familiares e amigos. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, sumouse ás felicitacións e fíxolle entrega dun agasallo de parte do Concello como homenaxe. Manuel Seoane é unha persoa moi coñecida en Arcade propietario do Bar Ostricola durante moitos anos e así mesmo foi presidente do C.D. Arcade...

Día dos nosos Maiores - 14 Maio

04-04-2017 / Participación Veciñal

O Concello de Soutomaior organiza unha excursión para os maiores empadronados a  PADRÓN e xantar en TEO : Ás 9:15 h, saída dende as paradas do transporte escolar en Soutomaior. Ás 9:30h, saída dende o Cruce de Pierres , en Arcade. A viaxe e o xantar son gratuitos para os xubilados empadronados no Concello de Soutomaior. Os acompañantes deberán abonar 20 €. Poderán anotarse...

Charla informativa Cláusulas chan

08-02-2017 / Participación Veciñal

O Multiusos de Arcade acolle hoxe mércores día 8 a partir das 20 horas unha xornada informativa sobre as cláusulas chan e os gastos hipotecarios, que impartiránn os técnicos da Unión de Consumidores de Galicia. Esta actividade centrase en axudar á veciñanza amesá a despexar as súas dúbidas sobre as cláusulas chan e o impacto que a recente sentenza do Tribunal de Xustiza...