Venres, 16 Abril 2021 10:28

A Xunta axuda aos veciños de Lourido para mellorar as súas instalacións

A Xunta axuda aos veciños de Lourido para mellorar as súas instalacións

Os veciños do barrio de Lourido, en Soutomaior, xa dispoñen dun novo local social totalmente remodelado e adaptado a persoas con mobilidade reducida. A mellora foi presentada hoxe durante a visita da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o alcalde, Agustín Reguera.

A actuación financiada polo ente autonómico por importe de 12.000 € consistiu nunha reforma da cuberta exterior do centro social e unha mellora en materia de accesibilidade e seguridade. Así, elimináronse as barreiras arquitectónicas existentes coa instalación dunha rampla de acceso e unha varanda de protección no novo soportal da entrada principal. Ademais, para evitar filtracións e mellorar a climatización instalouse unha nova xanela.

Este ano a Xunta renovou o investimento de 2,5 millóns de euros para estas axudas, que na convocatoria do ano pasado permitiron levar a cabo obras nos locais sociais e instalacións comunitarias de 190 asociacións da comunidade, así como na adquisición de equipos para o seu funcionamento ou na reparación de traídas de auga veciñais.


Visto 565 veces

Participación Veciñal

Campaña de recollida axuda para Ucraína

Campaña de recollida axuda para Ucraína

04-03-2022 / Participación Veciñal

O Concello de Soutomaior xunto coa Asociación Galega de axuda a Ucraína poñen en marcha unha campaña solidaria de recollida de distinto material para poder enviar ao país que estes momentos necesita axuda urxente. A recollida terá lugar os días 7,9 e 11 de marzo no Centro de Maiores de Talo Río en horario de 17,00 h 20,00 horas e no...

A Xunta axuda aos veciños de Lourido para mellorar as súas instalacións

A Xunta axuda aos veciños de Lourido para mellorar as súas instalacións

16-04-2021 / Participación Veciñal

Os veciños do barrio de Lourido, en Soutomaior, xa dispoñen dun novo local social totalmente remodelado e adaptado a persoas con mobilidade reducida. A mellora foi presentada hoxe durante a...

Día dos nosos maiores

Día dos nosos maiores

08-04-2019 / Participación Veciñal

Dia  dos nosos maiores - 21 de abril O Concello de Soutomaior organiza unha excursión para os maiores empadronados a  Lugo . Ás 8:15 h, saída dende as paradas do transporte escolar...

Día dos nosos maiores - Domingo 13 de maio 2018

24-04-2018 / Participación Veciñal

O Concello de Soutomaior organiza unha excursión para os maiores  empadroados a Ourense e xantar no Restaurante Carballeira de Santa Cruz. As saídas serán as 9,15 h dende as paradas do...

Manuel Seoane Lorenzo cumpre 100 anos

20-11-2017 / Participación Veciñal

O veciño de Arcade, Manuel Seoane, celebrou os seus 100 anos en compañía de familiares e amigos. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, sumouse ás felicitacións e fíxolle entrega dun...

Día dos nosos Maiores - 14 Maio

04-04-2017 / Participación Veciñal

O Concello de Soutomaior organiza unha excursión para os maiores empadronados a  PADRÓN e xantar en TEO : Ás 9:15 h, saída dende as paradas do transporte escolar en Soutomaior. Ás 9:30h...

Charla informativa Cláusulas chan

08-02-2017 / Participación Veciñal

O Multiusos de Arcade acolle hoxe mércores día 8 a partir das 20 horas unha xornada informativa sobre as cláusulas chan e os gastos hipotecarios, que impartiránn os técnicos da Unión de Consumidores...

Día dos nosos Maiores

19-04-2016 / Participación Veciñal

Día dos nosos maiores - 8 de maio de 2016 O Concello de Soutomaior organiza unha excursión para os maiores empadronados a Valença e xantar en Oia. Saídas: 9,15h. Dende as paradas...