fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 30 Xuño 2016 12:02

Novo servizo de mensaxería

Novo servizo de mensaxería

O Concello de Soutomaior activa unha nova rede social de mensaxería instantánea para informar os veci@s.

O servizo é totalmente gratuíto.

O Concello de Soutomaior está a implantar un novo programa de mensaxería instantánea con forma de rede social para poder enviar a información de interese cultural aos veciños dun modo áxil e actualizado.

Os veciños que queiran beneficiarse destas comunicacións poderán descargar gratuitamente a aplicación informática Tokappschoolen AppStore, Google Play ou WindowsPhone, no seu teléfono ou dispositivo informático. Poderán así acceder gratis ao grupo de comunicados do Concello.

Esta nova aplicación de descarga gratuíta permite enviar todas aquelas mensaxes que se precisen, sen límite de caracteres, e pode incluír imaxes e datos para poder incluír carteis ou vídeos.

Para beneficiarse deste sistema os usuarios só descargar gratuitamente a aplicación e entrar a formar parte da rede de información do Concello a través de ordenador, táblet ou smarphone, para recibir os avisos, convocatorias ou outros datos municipais.

Este sistema de información xa está funcionado en servizos como a Biblioteca Municipal, Pavillón de Deportes e nos servizos de Mocidade e Educación.

É unha ferramenta moi sinxela de utilizar e de gran utilidade para os veciños á hora de estar informados da actualidade do municipio.


Publicado en Novas Tecnoloxías
Visto 1859 veces