fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 03 Xaneiro 2019 13:14

Campaña promoción comercio local – Entrega de cheques regalo

Campaña promoción comercio local – Entrega de cheques regalo

O Concello de Soutomaior pechou a pasada semana a súa campaña do Nadal de apoio ao comercio local coa entrega dos 100 cheques regalo, por valor de 5.000 euros, que se sortearon entre todas as compras realizadas nos establecementos do municipio entre o 30 de novembro e o 24 de decembro.

Os cheques regalo poderanse trocar nos establecementos adheridos á campaña, de modo que esta acción causa un dobre beneficio aos comerciantes, que, por unha banda, dispuxeron dun factor que animou e fidelizou aos seus clientes, e por outro, alentarán as compras nun dos momentos máis delicados do ano, a costa de xaneiro.

O obxectivo desta iniciativa era o de promocionar o consumo en negocios locais durante o Nadal, unha das épocas de maior gasto do ano.


Publicado en Novas Tecnoloxías
Visto 1130 veces