Venres, 03 Marzo 2017 18:56

Concurso: Verbas para ... comunicar "Letras Galegas 2017"

Ábrese o prazo para participar no concurso VERBAS PARA... COMUNICAR 2017. Este concurso impulsado polo Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, vai dirixido a mozos e mozas de 12 a 20 anos empadroados/as no municipio.

Co gallo do Día das Letras Galegas nace este concurso fai dez anos co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade para que aumente a súa normalización nos contextos  informais nos que a mocidade se comunica.

Este ano o concurso ten como novidade a ampliación de modalidades de presentación pois incorporamos, á modalidade de redacción unha nova que é a modalidade audiovisual para que a mocidade poida presentarse usando ás novas tecnoloxías de comunicación. A participación consiste na presentación dun traballo en lingua galega que pode vir presentado en formato redacción ou audiovisual onde o texto ou  audio do traballo presentado transmita unha idea, sentimento, opinión, etc., que se desexe comunicar ou compartir con outras persoas. 

Haberá 6 premios en cada categoría por modalidade e un agasallo para todas as persoas que participen no concurso.

O prazo de presentación remata o 28 de abril.

As bases poden solicitarse na OMIX ou ben descargarse na web www.soutomaior.com ou en: Verbas para... comunicar


Descargar adjuntos:

2017 Bases X Concurso verbas para comunicar.pdf (797 Descargas)
Visto 1527 veces

 

 

Os titulares de Xuventude

Resultados de clasificación da ARCADE JAM - Cultura urbana Concello de Soutomaior 2018

19-09-2018 / Xuventude

 Os resultados e clasificación das persoas que participaron na ARCADE JAM, campionato de BMX e SCOOTER, celebrada o sábado 15 de setembro no Peirao de Arcade,  organizada dentro do programa...

IV Festival de Cultura Urbana

11-09-2018 / Festival de Cultura Urbana

Remata o prazo para inscribirse nas actividades do IV Festival de Cultura Urbana que organiza o Concello de Soutomaior. Nesta edición contamos cun programa variado de actividades que abarcan desde...

Novas actividades para a xuventude. Prazo aberto ata o 26 de setembro

07-09-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior pon en marcha a programación xuvenil de novas actividades que se iniciarán no mes de outubro: teatro, circo, danza do ventre, bailes latinos, guitarra española, cociña, debuxo...

Festiflow

19-07-2018 / Xuventude

O venres 3 de agosto a parir das 19.30 h no Peirao de Arcade terá lugar o F3STIFLOW. O Concello de Soutomaior pon en marcha esta nova proposta de lecer...