Venres, 11 Marzo 2016 17:35

IX Concurso Verbas para comunicar. Letras Galegas 2016

IX Concurso Verbas para comunicar. Letras Galegas 2016

O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Xuventude, pon en marcha a novena edición do Concurso verbas para Comunicar dirixido a mozos e mozas de 12 a 18 anos.  Este concurso consiste na redacción dun texto en lingua galega que transmita unha idea, opinión, sentimento, etc. que nos gustaría compartir con outras persoas. O obxectivo do concurso é o de promover o uso da lingua galega entre a mocidade promovendo o uso da lingua galega como lingua de comunicación en contextos formais e informais a través da creación orixinal de textos que expresen o que a mocidade pensa para comunicalo. Trátase de normalizala potenciando o seu uso como unha lingua próxima, útil e moderna rachando estereotipos que impidan á mocidade expresarse nesta lingua.

A temática será libre. Establecemos dúas categorías de participación: categoría A de 12 a 14 anos e categoría B de 15 a 18 anos. Premiaranse 6 textos en cada categoría e todas as persoas que participen recibirán un agasallo. Ademais, sortearase dous diccionarios de lingua galega entre as persoas participantes. O texto non superará as 12 liñas. Para ampliar información sobre este concurso pódense consultar as bases na OMIX ou descargarse da web: www.soutomaior.com


Visto 4772 veces


Verbas para... comunicar

Xa está aberto o prazo para presentarse …

04-04-2019 Verbas para... comunicar

Comezamos coa XII Edición do Concuso en lingua galega Verbas para Comunicar que convoca a Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior. Vai dirixido a mozos e mozas en idades...

Letras galegas 2018. Premios do concurso Verbas para comunicar

16-05-2018 / Verbas para... comunicar

O Alcalde, Agustin Reguera e a Concelleira de Xuventude Noelia Ocampo entregaron este  martes 15 de maio os premios do Concurso Verbas para Comunicar. Este  concurso  organízase co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade e vai dirixido a mozos e mozas de 12 a 20 anos empadroados/as no Concello de Soutomaior. O Concurso ten unha modalidade...

O 4 de maio pechamos o prazo para participar no Concurso "Verbas para comunicar". Letras Galegas 2018

02-05-2018 / Verbas para... comunicar

Este venres 4 de maio remata o prazo para presentar os traballos para o XI Concurso Verbas para comunicar. Este concurso nace co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade para que a os mozos e mozas a usen  tanto en contextos formais como informais, para que a se comuniquen en lingua galega e poidan expresar...

Concurso en lingua galega Verbas para comunicar 2018

28-02-2018 / Verbas para... comunicar

Achégase o día da conmemoración da lingua galega e o Concello de Soutomaior abre o prazo para participar no XI Concurso Verbas para comunicar. Este concurso nace co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade para que a os mozos e mozas a usen  tanto en contextos formais como informais, para que a se comuniquen en...

Acto de entrega premios concurso Verbas para Comunicar

19-05-2017 / Verbas para... comunicar

O Alcalde, Agustin Reguera, e a Concelleira de Xuventude, Noelia Ocampo, entregaron este venres 19 de maio os premios do Concurso Verbas para Comunicar organizado polo día das Letras Galegas. Este concurso que nace co fin de promover o uso da nosa lingua  entre a xente nova tanto en contextos formais como informais vai xa pola súa décima edición. Asistiron a...

Concurso: Verbas para ... comunicar "Letras Galegas 2017"

03-03-2017 / Verbas para... comunicar

Ábrese o prazo para participar no concurso VERBAS PARA... COMUNICAR 2017. Este concurso impulsado polo Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, vai dirixido a mozos e mozas de 12 a 20 anos empadroados/as no municipio. Co gallo do Día das Letras Galegas nace este concurso fai dez anos co fin de promover o uso da lingua galega entre a...

 

 

Os titulares de Xuventude

Campionato Arcade Jam - Cultura urbana 2019

09-10-2019 / Festival de Cultura Urbana

O Concello de Soutomaior organiza para o sábado 19 de outubro a V Edición do campionato ARCADE JAM  nas modalidades de BMX e SCCOTER. O obxectivo desta actividade é contribuír ao...

Obradoiro: Xogos con risas aseguradas. Programa Tecendo Lazos

07-10-2019 / Xuventude

Aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro "Xogos con risas aseguradas". Este obradoiro realízase no marco do programa Tecnedo Lazos da Deputación de Pontevedra co que colabora o...

Samaín 2019

07-10-2019 / Xuventude

Chega o outono en con él a celebración do Samaín unha festividade que marca o remate da tempada da colleita e o comezo do inverno. E este ano imos a...

Adianto das Escolas Municipais de Xuventude

31-07-2019 / Xuventude

Desde o 2 ao 20 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas Municipais: ESCOLAS MUNICIPAIS DANZA E MOVEMENTO Actividade 1: DANZA DO VENTRE Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e...