Xoves, 04 Abril 2019 16:11

Xa está aberto o prazo para presentarse ao Concurso Verbas para... comunicar 2019

Xa está aberto o prazo para presentarse ao Concurso Verbas para... comunicar 2019

Comezamos coa XII Edición do Concuso en lingua galega Verbas para Comunicar que convoca a Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior. Vai dirixido a mozos e mozas en idades comprendidas entre os 12 e os 20 anos.  Co gallo do Día das Letras Gaelgas o Concello de Soutomiaor promove este concurso que relaciona comunicación, mocidade e lingua galega. Co fin de fomentar que a mocidade fale e se exprese en lingua galega en todos os contextos, tanto formais como informais, no eido do lecer e das comunicación mediante a tecnoloxía.

O concurso ten dúas modalidades de participación: unha de redacción e outra audiovisual. Hai dúas categorías unha dirixida a mozos e mozas de 12 a 14 anos e outra para idades de 15 a 20 anos. Na modalidade audiovisual a presentación pode ser individual en grupal co cal tamén se fomenta o traballo en equipo. A temática é libre. O prazo de presentación remata o 7 de maio de 2019 ás 20.30 h e o lugar de presentación é a OMIX. Premiaranse  ata 6 traballos nas modalidades de redacción individual e audiovisual individual e na audiovisual grupal  en cada categoría haberá tres premios. A maiores o día da entrega de premios sortearanse dous diccionarios e haberá un agasallo para todas as persoas que participen.

As bases completas poden consultarse na web https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/moceando/verbas-para-comunicar ou poderán pedirse na OMIX.  Tamén teñen esta información os centros educativos do municipio.


Descargar adjuntos:

19_Verbas_para_Comunicar_(Bases).pdf (96 Descargas)
Visto 492 veces

 

 

Os titulares de Xuventude

Adianto das Escolas Municipais de Xuventude

31-07-2019 / Xuventude

Desde o 2 ao 20 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas Municipais: ESCOLAS MUNICIPAIS DANZA E MOVEMENTO Actividade 1: DANZA DO VENTRE Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e...

Somos artistas 2019

08-07-2019 / Xuventude

  Somos artistas é un proxecto impulsado pola Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior que se desenvolveu desde o mes de abril ata o mes de xuño de 2019 en...

Representacións teatrais. Escola Municipal de Teatro

26-06-2019 / Escola Municipal de Teatro

Este fin de semana o alumanado dos diferentes grupos da Escola Municipal de Teatro presentarán as súas obras de fin de curso. O grupo xuvenil 2 presentará o venres 28...

Aquagym

24-06-2019 / Xuventude

Durante o mes de Xullo a xuventude poderá seguir manténdose en forma coa actividade de AQUAGYM NA PRAIA organizada polo Concello de Soutomaior. Dirixida a todas as idades e pensada...