Venres, 16 Decembro 2016 13:43

Programa xuvenil de prevención de condutas de risco

Programa xuvenil de prevención de condutas de risco

O Concello de Soutomaior acaba de poñer en marcha unha nova edición do seu programa xuvenil de prevención de condutas de risco entre os escolares do municipio. Unha iniciativa que chegará a máis de 100 alumnos de 1º e 2º da ESO  e que abordará durante os seus talleres temas tan delicados como o consumo de drogas ou as relacións sexuais e afectivas. O programa arrincou esta mañá e finalizará o próximo mes de abril.

Baixo o título "A túa saúde. Ti decides!", esta iniciativa pretende crear entre a mocidade do municipio espazos de reflexión sobre o seu papel na sociedade como individuos, como membros dun grupo, analizar os principais motivos que levan ao consumo de drogas ou como os valores e crenzas afectan na maneira en que se relacionan afectiva e sexualmente. Uns espazos que servirán para que os mozos poidan descubrir e afrontar as mellores actitudes ante todos estes temas.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou durante a presentación a importancia destes programas de "actitude proactiva, que apostan pola educación como medio para resolver problemas de raíz antes de que sexa demasiado tarde.

“A estas idades tamén se poden cometer erros moi graves e é necesario que os máis novos sexan conscientes".

O programa componse de dous partes prácticas. Na primeira os alumnos participarán nunha serie de charlas-taller na que adestrarán as súas habilidades sociais, reflexionarán sobre as adiccións, a drogodependencia, as novas tecnoloxías e as condutas de risco no ámbito afectivo e sexual. A segunda parte está dirixida á formación na mediación e toca temas como os tipos de conflito, a xestión apropiada, consecuencias dunha mala xestión ou a figura dunha persoa mediadora.

Outra das cuestións principais desta iniciativa, é o uso correcto das tecnoloxías de información, os perigos dun uso abusivo ou inadecuado e cal é o seu obxectivo principal.

O ciclo conta co apoio da Xunta de Galicia e realízase en colaboración coa asociación Amaina.


Visto 3358 veces

Programa de Prevención
de Conductas de Risco

 

Os titulares de Xuventude

Campionato Arcade Jam - Cultura urbana 2019

09-10-2019 / Festival de Cultura Urbana

O Concello de Soutomaior organiza para o sábado 19 de outubro a V Edición do campionato ARCADE JAM  nas modalidades de BMX e SCCOTER. O obxectivo desta actividade é contribuír ao...

Obradoiro: Xogos con risas aseguradas. Programa Tecendo Lazos

07-10-2019 / Xuventude

Aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro "Xogos con risas aseguradas". Este obradoiro realízase no marco do programa Tecnedo Lazos da Deputación de Pontevedra co que colabora o...

Samaín 2019

07-10-2019 / Xuventude

Chega o outono en con él a celebración do Samaín unha festividade que marca o remate da tempada da colleita e o comezo do inverno. E este ano imos a...

Adianto das Escolas Municipais de Xuventude

31-07-2019 / Xuventude

Desde o 2 ao 20 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas Municipais: ESCOLAS MUNICIPAIS DANZA E MOVEMENTO Actividade 1: DANZA DO VENTRE Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e...