Organizado polo Concello de Soutomaior
en colaboración cos mozos e mozas do municipio.

Venres, 22 Setembro 2017 09:49

III Festival de Cultura Urbana

III Festival de Cultura Urbana

As persoas afeccionadas ao BMX, Skate ou Hip-Hop, teñen unha cita ineludible este domingo 24 co III Festival de Cultura Urbana organizado polo Concello de Soutomaior. Un festival que pretende fomentar as formas de expresión cultural modernas entre as persoas novas e para iso encherá o Peirao de Arcade de música, baile, actividades e obradoiros culturais ademais de diversas demostracións e competicións deportivas de disciplinas tan novas como o parkour e o scooter.

A actividade comezará a partir das 11 da mañá cos primeiros obradoiros de Parkour e de personalización de gorras Trucker. Arredor das dúas da tarde, tras confirmar todas as inscricións para as competicións, comezarán os primeiros adestramentos libres supervisados e mostras de danza. Ás catro comezarán os obradoiros de Skate, Grafiti e Danzas rueiras ademais da competición Arcade Jam, que inclúe os campionatos de BMX e Scooter.

Arredor das nove da noite comezará a sesión musical, que contará coa participación de dúas DJ´s, e a demostración de Turntablism, unha forma de expresión musical que consiste en arranxar ou crear música mediante efectos de son e manipulación das rutinas de rotación e lectura dos discos de vinilo. A participación en todos os eventos é totalmente de balde e só é preciso rexistrarse a través do seguinte enlace ata o propio día 24.

A iniciativa xurdiu de varios grupos xuvenís locais afeccionados á música e á práctica deportiva de BMX interesados en promover actividades e afeccións entre as persoas máis novas do municipio para dar a coñecer as características da cultura urbana moderna. 


Visto 1835 veces

Os titulares de Xuventude

Xa está aberto o prazo para presentarse ao Concurso Verbas para... comunicar 2019

04-04-2019 / Verbas para... comunicar

Comezamos coa XII Edición do Concuso en lingua galega Verbas para Comunicar que convoca a Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior. Vai dirixido a mozos e mozas en idades...

Fai voluntariado no Festival Soutopequeno

25-03-2019 / Voluntariado

As persoas interesadas en participar como voluntarias na organización do Festival Soutopequeno poden  inscribirse na web https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal2/vista-mensual/eventodetalle/2079/voluntariado-soutopequeno O festival de cine e música SOUTOPEQUENO celébrase no Concello de Soutomaior os días 28,29,30...

Novas actividades de formación para a xuventude!

15-01-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar nas actividades do primeiro trimestre do ano.  Comezamos con novas actividades formativas que teñen unha alta demanda entre o...

Terapia con cans no instituto

20-12-2018 / Xuventude

O instituto do Concello de Soutomaior acolleu onte unha demostración de terapias con cans a cargo dun centro especializado en intervencións asistidas con animais, unha iniciativa na que os estudantes...