Mércores, 29 Xuño 2016 23:27

Representacions teatrais Escola Municipal

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior clausura este primeiro fin de semana de xullo as clases da Escola Municipal de Teatro. O alumnado representará dúas obras como peche do curso. O venres 1 de xullo ás 20,30 h o alumnado dos grupos infantil e xuvenil 1 presentan a obra UNHA ESCOLA TEATRALIZADA e o sábado 2 de xullo ás 21 h o alumnado do grupo xuvenil 2 representará a obra BOOKCROSSING.

As actuacións realizaranse no Multiusos en Arcade e a entrada será de balde.

O inicio do novo curso será en outubro e o prazo de inscrición está aberto ata o mes de setembro. Información e inscricións na OMIX, 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Visto 2493 veces

Escola Municipal de Teatro

Os titulares de Xuventude

Samain 2018

09-10-2018 / Xuventude

 O programa municipal de celebración da festa do Samaín deste ano conta con novidades para fomentar a participación da xente nova nesta festa popular galega. O Samaín foi a orixe...

Programa de novos cursos e actividades

08-10-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca novos cursos e actividade para os meses de outubro novembro e decembro. Durante estes meses a Concellería de Xuventude ten programadas diferentes actividades: formativas, lúdicas...

Resultados de clasificación da ARCADE JAM - Cultura urbana Concello de Soutomaior 2018

19-09-2018 / Xuventude

 Os resultados e clasificación das persoas que participaron na ARCADE JAM, campionato de BMX e SCOOTER, celebrada o sábado 15 de setembro no Peirao de Arcade,  organizada dentro do programa...

IV Festival de Cultura Urbana

11-09-2018 / Festival de Cultura Urbana

Remata o prazo para inscribirse nas actividades do IV Festival de Cultura Urbana que organiza o Concello de Soutomaior. Nesta edición contamos cun programa variado de actividades que abarcan desde...