Martes, 11 Xuño 2019 14:18

Encontro da Mocidade - San Simón 2019

Encontro da Mocidade - San Simón 2019

O Concello de Soutomaior pon en marcha o programa xuvenil Encontro da Mocidade que se realiza desde o 19 ata o 22 de agosto na Illa de San Simón. Este programa consiste en ofrecer unha proposta de participación facilitadora de espazos de encontro e interacción entre a mocidade do municipio en contextos informais e espazos naturais para traballar temas culturais que resulten de interese para a mocidade mediante metodoloxías lúdicas e creativas. Nesta ocasión a temática estará baseada no cinema cunha particular visión o CINEMA 3.0.  As persoas participantes atoparanse durante a súa estancia en San Simón cun prató de cinema xa que a cinefilia, impregnará todas as actividades e terá presente a  historia da Illa poñendo en valor o seu patrimonio material e inmaterial.

Durante este encontro traballarase por grupos de idade, segundo o desenvolvemento evolutivo dos participantes. Vai dirixida a mozos e mozas de 12 a 17 anos.

Utilizarase unha metodoloxía lúdica, dinámica e divertida na que se fomentará o traballo en equipo e a cooperación baseada en todo momento no xogo e a diversión como método didáctico para que as persoas participantes sexan as verdadeiras protagonistas. Algunhas das actividades que se realizarán serán: concurso de interpretación de películas, xincana de Cinema, Cinema Trivial, obradoiros de caracterización, Keysroom scape, cluedo, gravación de curtas, etc.

O prazo de inscrición estará aberto desde o 20 de xuño ata o 17 de xullo. A inscrición realizarase EN LIÑA na web:

Unha vez feita a inscrición haberá que entregar na OMIX antes do 12 de xullo o resto de documentación. A información xeral desta actividade estará na web de inscricións e tamén na web www.soutomaior.gal 

Máis información na OMIX, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Tel. 986 700 822


Publicado en Encontro da Mocidade
Visto 545 veces