Martes, 12 Xullo 2016 21:41

Arrancamos coas estadías do programa Deseñando o teu futuro

Arrancamos coas estadías do programa Deseñando o teu futuro

Este luns 11 de xullo os mozos e mozas que participan neste programa de educación non formal organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior, en colaboración co Xunta de Galicia, inician as súas estadías nas empresas concretas. Estas empresas foron seleccionadas tendo en conta as súas motivacións e intereses profesionais para que esta experiencia os/as aproxime a unha realidade laboral que os/as atrae laboralmente. Trátase de que se sintan motivados e motivadas a seguir estudando o que realmente lles gusta e para comezar a dar pasos que os acheguen aos seus obxectivos persoais, académicos e profesionais. As estadías ademais promoven a adquisición de habilidades como a autonomía, a xestión das emocións, a escoita activa, a asertividade e as habilidades comunicativas porque se enfrontan eles e elas sós a un contexto real no que teñen que tomar as decisións eparticipar na resolución de situacións que acontecen no día a día dunha empresa. As empresas que colaboran co Concello para poder realizar as estadías son moi variadas, por exemplo: clínicas veterinarias, estudios de arquitectura, empresas de animación e tempo libre, medios e empresas de comunicación, centros de día para maiores, restaurantes, etc. A valoración dos mozos e mozas está sendo moi positiva ata o de agora e a vindeira semana volverán a ter actividades en grupo antes de rematar a súa participación no programa.


Visto 2561 veces

 

 

 
 

Os titulares de Xuventude

Novas actividades de formación para a xuventude!

15-01-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar nas actividades do primeiro trimestre do ano.  Comezamos con novas actividades formativas que teñen unha alta demanda entre o...

Terapia con cans no instituto

20-12-2018 / Xuventude

O instituto do Concello de Soutomaior acolleu onte unha demostración de terapias con cans a cargo dun centro especializado en intervencións asistidas con animais, unha iniciativa na que os estudantes...

Inicio do programa xuvenil TI DECIDES"

18-12-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior pon en marcha  o programa TI DECIDES! que se desenvolverá ó longo de todo o curso no CEIP Padin Truteiro, no colexio Santiago Apostol e  IES...

Chega o Nadal! Excursión ó parque temático Perlim

08-11-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior dentro da programación deseñada para este Nadal 2018 organiza para o sábado 15 de decembro unha excursión para visitar o maior parque temático de Nadal situado...