Venres, 29 Abril 2016 16:27

Deseñando o teu futuro! visitas en empresas

Deseñando o teu futuro! visitas en empresas

“Deseñando o teu futuro” é un proxecto de educación non formal de estadías- visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas/ entidades públicas ou privadas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia  para que a mocidade adquira competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación, e isto lles axude a tomar decisión sobre o seu futuro profesional.

Obxectivos:

  • Aproximación dos/as mozos/as ás distintas tipoloxías de postos de traballo existentes no mercado laboral.
  • Axudar á mocidade  na toma de decisión do seu futuro perfil profesional, para os efectos de que coñezan “ a realidade da empresa” previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional.
  • Achegar aos mozos e mozas  ao mundo sociolaboral.
  • Apoiar aos mozos e mozas participantes en actividades de formación para adquirir coñecementos e habilidades que axuden a complementar o seu desenvolvemento persoal e futura formación profesional.
  • Ofrecer á mocidade unha experiencia de educación non formal para o desenvolvemento de coñecementos, aptitudes e competencias.

Destinatarios: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos no momento de presentar a solicitude.

Prazas: 20 participantes.

Sectores: Público  - Concello de Soutomaior (Deportes, Biblioteca, Animación Sociocultural, obras, administración xeral,…), mecánica, deseño gráfico, mantemento e limpeza, restauración e turismo, servizos sociais, formación, entretemento, etc. Coa inscrición as persoas escollerán nos que están interesados/as.

** O listado de empresas/entidades públicas ou privadas poderá consultarse na OMIX.

Ámbito xeográfico onde radican os centros de traballo para a realización das estancias -visitas: Concello de Soutomaior e arredores (Vigo, Pontevedra,…).   Dependerá do sector elixido.

Datas de realización das estadías-visitas: mes de xullo e mes de setembro de 2016

Duración das estadías-visitas: entre 9 e 12 días hábiles. De luns a venres, cunha duración máxima de 20 horas semanais.   Un día á semana será adicado á realización de actividades culturais – deportivas, sesións formativas sobre aspectos sociolaborais e avaliación e seguimento da experiencia. Dependendo do sector e do tipo de actividade os horarios poden ser tamén en fins de semana. 

Cobertura:

  • Centro de traballo para a realización da estadías-visita.
  • Seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima e de accidentes.
  • Titor/a durante a realización da estadías-visitas.
  • Gastos de desprazamentos e manutención (6€/día)
  • Preparación: formación de competencias sociolaborais (presentación na empresa,  traballo en equipo, comunicación, seguridade nas tarefas, etc.). Trámites administrativos.

A realización destas estadías-visitas por parte dos mozos e mozas non implicarán en ningún caso relación laboral ou contractual coa Consellería de Política Social nin co Concello de Soutomaior.

A empresa na que o/a mozo/a realice a estadías-visitas non poderá cubrir, nin sequera con carácter interino, ningún posto de traballo do cadro de persoal co participante que realice as actividades formativas non laborais mentres dura o programa.

Cada participante asinará co Concello un compromiso de participación para a estancia formativa de estadías-visitas formativas non laborais no marco do proxecto “Deseñando o teu futuro”.

Selección: as prazas cubriranse por orde de inscrición. Xunto coa solicitude deberán aportar o correspondente permiso paterno/materno ou titor/a legal. A non presentación do referido permiso será causa da perda da praza.

O prazo de inscrición para a mocidade:  aberto ata o 17 de xuño de 2016 ás 20,30 h na OMIX ou ata crubrir prazas.

AS EMPRESAS: para o desenvolvemento deste programa o Concello xa conta con varias empresas nas que participarán os mozos e mozas, entre as cales tamén está o Concello de Soutomaior.  As entidades de acollida poden ser empresas públicas ou privadas, asociacións e entidades que desexen participar no programa e axudar á mocidade a elixir o seu futuro mediante unha experiencia non formal. Polo tanto, calquera empresa ou entidade pode aportar o seu gran de area neste proxecto simplemente entregando na OMIX o acordo de colaboración asinado e selado.

Para máis información: na OMIX, Multiusos (Arcade) ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Tel. 986 700 822

 


Visto 1797 veces

 

 

 
 

Os titulares de Xuventude

Chega o Nadal! Excursión ó parque temático Perlim

08-11-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior dentro da programación deseñada para este Nadal 2018 organiza para o sábado 15 de decembro unha excursión para visitar o maior parque temático de Nadal situado...

Samain 2018

09-10-2018 / Xuventude

 O programa municipal de celebración da festa do Samaín deste ano conta con novidades para fomentar a participación da xente nova nesta festa popular galega. O Samaín foi a orixe...

Programa de novos cursos e actividades

08-10-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca novos cursos e actividade para os meses de outubro novembro e decembro. Durante estes meses a Concellería de Xuventude ten programadas diferentes actividades: formativas, lúdicas...

Resultados de clasificación da ARCADE JAM - Cultura urbana Concello de Soutomaior 2018

19-09-2018 / Xuventude

 Os resultados e clasificación das persoas que participaron na ARCADE JAM, campionato de BMX e SCOOTER, celebrada o sábado 15 de setembro no Peirao de Arcade,  organizada dentro do programa...