fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 24 Marzo 2017 14:19

Presentación XXXI Festa da Ostra

Presentación XXXI Festa da Ostra

O Concello de Soutomaior presentou esta mañá a XXXI edición da Festa da Ostra que se celebrará en Arcade os días 1 e 2 de abril.

Nas instalacións do Obradoiro de Hostaleria “Verdugo” onde 20 veciños e veciñas do Concello de Soutomaior reciben formación de emprego e que conta con dúas especialidades : a de operacións básicas de cociña e servizos de restaurante e bar, o Alcalde de Soutomaior Agustín Reguera e a Concelleira de Turismo Dolores Cernadas xunto coa Patroa Maior da Confraría de Arcade Rita Miguez e o escultor Marcos Mariño, presentaron esta edición da Festa da Ostra que este ano como maior novidade inclúese a de “produtos da nosa lonxa” (ameixas, anguía,etc) que acompañarán ás tradicionais ostras ao natural, en escabeche, empanada de ostras, etc.

O prezo das ostras ao natural será a ducia a 7 € e a empanada de ostras e as ostras en escabeche a ración será a 6 €. O viño ribeiro a 4 € e o albariño de Soutomaior a 8 €.

Os actos festivos iniciaranse o sábado día 1 ás 11,00 horas cunha exhibición en talla de madeira con moto serra de Marcos Mariño, ás 12,00 a apertura das casetas de venda de ostras todo iso amenizado coa charanga “a cabeza non para”.

Ás 22,00 horas poñerase en marcha a verbena popular coas orquestras Xacobeo e Paris de Noia.

No intermedio da verbena, ás 24,00 horas, haberá unha tirada de fogos artificiais.

O domingo 2 as casetas das ostras abriranse ás 10,00 horas e ás 11,00 h. as bandas de música Artística de Arcade e Banda de música Cultural de Arcade ofrecerán as súas tradicionais pasarrúas.

Ás 13,00 horas terá lugar o pregón da festa a cargo do actor e humorista galego Luís Zahera en cuxo currículo aparecen, entre outras, as series Mareas Vivas, O Comisario, Hospital Central  ou as películas Cedla 211, 23-F a película, Que Dios nos perdone, etc. sendo nomeado como mellor actor de repartición en varias edicións dos premios Mestre Mateo e mellor actor noutros festivais e mostras de cinema.

O Alcalde de Soutomaior, esperando que o tempo acompañe,  anima a todos os veciñ@s e forasteir@s a participar na Festa da Ostra e como cada ano probar este manxar exquisito nas súas distintas variedades.


Publicado en Festa da Ostra
Descargar adjuntos:

17-2-Trimestre-Programacion-Cultura.pdf (1182 Descargas)
Visto 5237 veces

Medios