Venres, 23 Marzo 2018 13:43

Presentación XXXII Festa da Ostra 2018

Presentación XXXII Festa da Ostra 2018

Esta mañá o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, acompañado da edil de turismo Dolores Cernadas, a presidenta da Confraría de Pescadores "Virxe do Carme" Rita Miguez e o ostricultor Tito Conde, presentou a XXXII Festa da Ostra que se celebrará en Arcade os días 31 de marzo e 1 de abril.

O prezo das ostras ao natural será de sete euros a ducia, e a empanada de ostras e as ostras en escabeche a ración despacharase a seis euros. O viño ribeiro terá un custo de catro euros a botella, mentres que o albariño de Soutomaior venderase a oito euros.

Os actos iniciaranse o xoves día 29 a partir das 23,00 horas no Multiusos de Arcade coa actuación do humorista Isi e da Agrupación musical Sorcha. A continuación, (de 02,00 a 06,00 h) e xa na madrugada do xoves para o venres emitirase o programa da Radio Galega “Pensando en ti” presentado por Marcial Mouzo, programa onde os oíntes e persoas que asisten en directo ou por teléfono contan as súas experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

Os interesados en participar poden facelo en persoa asistindo de maneira gratuíta ao programa ou a través do número de teléfono 981 540 924.

“Pensando en ti” é un dos programas máis escoitados na súa franxa horaria en Galicia. Definido polo protagonismo absoluto que ten a participación dos oíntes, este espazo reúne a unha crecente comunidade radiofónica, chegando mesmo a convocar convivencia e actividades para fomentar o encontro real entre os seus seguidores.

O sábado día 31 de marzo ás 12.00 horas procederase á apertura das casetas de venda de ostras. Os actos estarán amenizados pola charanga "A cabeza non para"

Ás 22.00 horas poñerase en marcha a verbena popular coas orquéstras Televisión e Palladium.

No intermedio da verbena, ás 24.00 horas, haberá unha tirada de fogos artificiais.

O domingo 1 as casetas das ostras abriranse ás 10.00 horas e unha hora máis tarde as bandas de música Artística de Arcade e Banda de Música Cultural de Arcade ofrecerán os seus tradicionais pasacalles.

Ás 13.00 horas terá lugar o pregón da festa a cargo da cantante, presentadora e colaboradora do programa de humor Land Rober: Eva Iglesias

Agustín Reguera confía en que o tempo acompañe, anima a todos os veciños e forasteiros a participar na Festa da Ostra, declarada de Interese Turístico Galego en 2012, e como cada ano acudan a probar este manxar exquisito nas súas distintas variedades.

O Concellode Soutomaior espera congregar a miles de visitantes entre as dúas xornadas en Arcade, polo que preparará preto de cen mil unidades de ostras.

Para acompañar ás ostras a Cofradia de Pescadores Virxe do Carme de Arcade tamén propón na festa a súa iniciativa “Do mar ao prato” onde se poderán degustar produtos da lonxa de Arcade tales como ameixas á mariñeira, espeto de anguía, chocos á feira ou quisquilla crocante.

Ao redor de 50 persoas traballarán directamente na festa gastronómica, tanto na elaboración das racións como na atención ao público.

A Policía Local de Soutomaior tamén terá reforzos para organizar o tráfico durante a xornada do domingo, na que se espera a maior afluencia de persoas ao recinto.

Máis información nas paginas web www.soutomaior.com ou www.festadaostraarcade.com


Publicado en Festa da Ostra
Descargar adjuntos:

18-XXXII-Festa-da-Ostra-programacion.pdf (285 Descargas)
Visto 2692 veces


Festa da Ostra

Presentación XXXII Festa da Ostra 2018

23-03-2018 Festa da Ostra

Esta mañá o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, acompañado da edil de turismo Dolores Cernadas, a presidenta da Confraría de Pescadores "Virxe do Carme" Rita Miguez e o ostricultor Tito...

Presentación XXXI Festa da Ostra

24-03-2017 / Festa da Ostra

O Concello de Soutomaior presentou esta mañá a XXXI edición da Festa da Ostra que se celebrará en Arcade os días 1 e 2 de abril. Nas instalacións do Obradoiro de Hostaleria “Verdugo” onde 20 veciños e veciñas do Concello de Soutomaior reciben formación de emprego e que conta con dúas especialidades : a de operacións básicas de cociña e servizos...

Presentación XXX Festa da Ostra en Arcade

23-03-2016 / Festa da Ostra

O Concello de Soutomaior presentou esta mañá a XXX Festa dá Ostra, que se celebrará o primeiro fin de semana de abril (2 e 3 ) en Arcade. A celebración comezará o sábado 2, ás 12:00 horas, coa apertura das casetas de venda de ostras no recinto da festa. A esa mesma hora a charanga "A cabeza non para" actuará polas principais...

A Festa da Ostra

21-02-2016 / Festa da Ostra

Uno de los más famosos escritores gallegos, Álvaro Cunqueiro, dijo: “La ostra es un manjar esencial para abrir una mariscada. Tiene un sabor espiritual, que es como una saudade del mar”. Más de 25.000 personas lo confirman cada año en Arcade, donde la ostra tiene el sabor de las aguas de la desembocadura del río Verdugo. Gracias a sus productores...

Presentación XXIX Festa da Ostra

27-03-2015 / Festa da Ostra

O Concello de Soutomaior presentou esta mañá a XXIX Festa dá Ostra, que se celebrará o primeiro fin de semana de abril (4 e 5 ) en Arcade. A celebración comezará o sábado 4, ás 12:00 horas, coa apertura das casetas de venda de ostras no recinto da festa. A esa mesma hora a charanga "Rias Baixas" actuará polas principais rúas...