Os afectados pola vaga de incendios xa poden solicitar as axudas da Xunta de Galicia. A contía inicial das achegas será de preto de 21 millóns de euros, pero poderase ampliar esa cantidade en función da demanda.
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde de axudas ás que se poden acoller os afectados polo lume. En total, suman case 21 millóns de euros, divididos en dúas vertentes: 11 millóns para as indemnizacións por falecemento e axuda para reparar danos en vivendas, establecementos, infraestruturas e medio rural; e o resto destinarase á recuperación de solos e parques naturais.