fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 16 Marzo 2017 10:40

Aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)

Aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu de mans da Conselleira a aprobación definitiva do Plan Xeral de Urbanismo Municipal en que cualificou como "un avance enorme para o Concello que dará unha gran seguridade xurídica a todos os nosos veciños", referíndose ao feito de que o urbanismo local rexíase por unhas normas subsidiarias do ano 1989. Ademais, destacou o feito de que este é a primeiro PXOM que se aproba na comarca.

Pola súa banda, a Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, expresou que este documento marcará un "antes e un despois para o Concello pola súa importancia para o desenvolvemento urbanístico, ambiental e social do municipio", polo que felicitou ao Concello de Soutomaior pola súa iniciativa para sacar adiante un documento que definiu como "clave para o futuro".

O alcalde destacou o gran traballo do equipo redactor e dos técnicos municipais durante todo o proceso. En total presentáronse 527 alegacións procedentes de 338 veciños, resolvéndose favorablemente o 53% delas. Con todoel número de alegacións é moi inferior ao doutros municipios, e máis da metade foron aceptadas.

O horizonte de validez deste plan está marcado no ano 2027. Neste sentido, e en consonancia co constante aumento poboacional do municipio, o PXOM contempla a ampliación de diversas zonas residenciais, de servizos e de recreo.

O novo PXOM elimina os usos inadecuados nas distintas clases de solo, así, se incorporarán novos usos potenciando a oferta hoteleira e reducirase o solo industrial co obxectivo de “adaptalo á demanda real e ás posibilidades de xestión municipal.

 No caso concreto de Arcade, o solo industrial (antigas fabricas da Ceramica e Ferrerias) eliminarase por completo por contar con escasas opcións de crecemento e atoparse nunha situación de abandono.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 2116 veces

Medios