fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 26 Mai 2016 09:34

Curso de aplicación productos fitosanitarios-Ultimas prazas

Curso de aplicación productos fitosanitarios-Ultimas prazas

A Concellería de Medioambiente do Concello de Soutomaior ofrece as 10 ultimas prazas para un novo curso de aplicador/a de productos fitosanitarios. No que vai de ano a Concellería xa realizou dous cursos, un en Arcade e outro en Alxán. A finais de abril dará comezo outro curso en Arcade e, debido, á alta demanda xa está aberta unha nova lista para que as persoas que desexen obter o carné se poidan inscribir. O curso está subvencionado polo Concello polo que as persoas empadroadas pagarán 40 euros e as persoas non empadroadas pagarán 60 euros. o prezo inclúe as clases, material, taxas de exame, etc. O exame realizarase na aula na que se impartan as clases. As persoas interesadas en participar neste curso poden informarse e inscribirse na OMIX, Multiusos (Arcade).(986-700822)

 


Publicado en Medio Ambiente
Visto 2447 veces