fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 18 Abril 2016 18:44

Curso de aplicación de productos fitosanitarios

Curso de aplicación de productos fitosanitarios

A Concellería de Medioambiente do Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para un novo curso de aplicador/a de productos fitosanitarios. No que vai de ano a Concellería xa realizou dous cursos, un en Arcade e outro en Alxán. A finais de abril dará comezo outro curso en Arcade e, debido, á alta demanda xa está aberta unha nova lista para que as persoas que desexen obter o carné se poidan inscribir. O curso está subvencionado polo Concello polo que as persoas empadroadas pagarán 40 euros e as persoas non empadroadas pagarán 60 euros. o prezo inclúe as clases, material, taxas de exame, etc. O exame realizarase na aula na que se impartan as clases.

As persoas interesadas en participar neste curso poden informarse e inscribirse na OMIX, Multiusos (Arcade). Está previsto que este curso de inicie a principios do mes de maio.

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Publicado en Medio Ambiente
Visto 2266 veces