fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 07 Marzo 2022 10:13

O punto limpo móbil colócase no barrio da Xesteira

O punto limpo móbil colócase no barrio da Xesteira

Neste mes de marzo de 2022, o barrio da Xesteira recibe o punto limpo móbil do Concello de Soutomaior. O vehículo foi colocado fronte o cuartel da garda civil para prestar servizo a toda a cidadanía da súa contorna.

A sua misión é mellorar os porcentaxes de reciclaxe no noso municipio e sobre todo xestionar da mellor maneira posible aquelas fraccións de residuos especiais que non dispoñen de contedores específicos de recollida na rúa.

Agradécese a tódalas persoas que fan emprego do mesmo que non abandonen residuos fóra do punto limpo móbil e que depositen a roupa na boca correspondente sempre no interior de bolsas.

Para calquera dúbida poden chamar ó número: 660821131.


 


Publicado en Medio Ambiente
Visto 560 veces