fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 15 Decembro 2021 10:14

O barrio de Romariz recibe o punto limpo móbil

O barrio de Romariz  recibe o punto limpo móbil

O Concello de Soutomaior ven de colocar o punto limpo móbil no lugar de Romariz (inmediacións da escola de educación infantil) tralo paso no mes de novembro polo Peirao de Arcade.

Este vehículo está destinado á xestión de residuos especiais de competencia municipal, que son aqueles que carecen de sistemas ordinarios de recollida pero que son susceptibles de recuperación ou necesitan recollerse separadamente debido ás súas especiais características, como poden ser aceites vexetais usados, textiles, etc.

Agradécese a toda a veciñanza que fai uso deste servizo que non abandonen residuos no exterior de dito vehículo e que depositen a roupa no interior de bolsas.

Para resolver calquera dúbida sobre o seu servizo ou incidencia que poida aparecer, habilítase o teléfono 660821131.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 538 veces