fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 25 Novembro 2021 13:33

Carpa informativa "a túa enerxía conta"

Carpa informativa "a túa enerxía conta"

Mañá venres 26 de novembro, terá lugar o derradeiro evento da campaña de aforro enerxético elaborada polo concello de Soutomaior co fin de proporcionar información detallada a toda a veciñanza que se achegue sobre mellores hábitos de consumo e dar recomendacións que se trasladen nun aforro enerxético.

As medidas de aforro enerxético que as técnicas transmitirán ós usuarios e ás usuarias axudarán a protexer ó medio ambiente e a reducir a factura enerxética nas vivendas.

Tódalas persoas interesadas na campaña recibirán material divulgativo con información e consellos,  mais aquelas que acudan cunha lámpada convencional serán agraciadas cunha lámpada de baixo consumo no seu lugar.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 549 veces