fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 10 Novembro 2021 09:22

SOGAMA entrega 25 composteiros domésticos

SOGAMA entrega 25 composteiros domésticos

O Concello de Soutomaior recibiu recentemente 25 composteiros domésticos suministrados por SOGAMA para entregar entre a veciñanza que así o solicite.

Con esta nova partida o número de participantes no programa de compostaxe local alcanzará as 250 unidades, programa cuxo fin é reciclar a materia orgánica en orixe, alcanzando con isto importantes beneficios ambientais, económicos e sociais.

Ademais dos composteiros, que teñen unha capacidade de 400 litros e están fabricados con materiais reciclados e reciclables, a empresa pública tamén facilitou manuais didácticos orientados ós vecinos e ás veciñas participantes.

As persoas interesadas en facerse con un composteiro deben acudir á Casa do Concello de Soutomaior e rexistrar a súa solicitude. Posteriormente, o mestre composteiro do concello entregará o material impartindo unha charla explicativa para realizar o proceso de compostaxe dunha maneira óptima.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 505 veces