fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 25 Outubro 2021 11:24

A túa enerxía conta

A túa enerxía conta

Continuando ca campaña levada a cabo polo Concello de Soutomaior sobre o aforro enerxético, mañá martes 26 de outubro colocarase unha carpa informativa na feira de Talo Río co obxectivo de proporcionar información dos hábitos de consumo e elaborar recomendacións para promover un aforro enerxético máis eficaz.

Aplicar medidas de aforro enerxético preséntase como unha medida a escala local para ter un efecto a nivel global, unha opción moi axeitada tanto a nivel económico como de protección do noso medio ambiente. 

Tódalas persoas que se acheguen á carpa informativa recibirán información e consellos sobre este tema, ademais de proporcionarlle material divulgativo e unha lámpada de baixo consumo de balde.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 648 veces