fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 15 Outubro 2021 11:23

A Xunta de Galicia destina 390.000 euros para mellorar a depuradora de Comboa

A Xunta de Galicia destina 390.000 euros para mellorar a depuradora de Comboa

A planta modernizará o sistema de tratamento.

A Xunta de Galicia colaborará co Concello de Soutomaior na execución das actuacións necesarias para a mellora da depuradora de Comboa, que contempla un investimento autonómico de 390.000 euros. O Consello da Xunta autorizou o acordo entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade –a través de Augas de Galicia– e o Concello de Soutomaior para realizar as obras nesta planta de tratamento de augas residuais, na que se substituirán os equipos e elementos obsoletos que xa cumpriron a súa vida útil. A administración hidráulica da Xunta asume integramente o financiamento,contratación e execución das obras de renovación da estación depuradora, adaptándoa á nova normativa, unha actuación cofinanciada no marco do programa operativo Feder Galicia 2014/20.

As actuacións recollidas no proxecto redactado por Augas de Galicia teñen como obxectivo mellorar o estado das instalacións e incrementar o control sobre a explotación da depuradora, así como a implementación dos sistemas de desodorización, o que repercutirá na calidade ambiental da zona. A planta dá servizo a unha poboación de máis de 2.400 habitantes. Augas de Galicia segue traballando,ademais, na redacción do proxecto dunha nova depuradora en Arcade, que supoñerá un investimento de dous millóns de euros.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 539 veces