fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 09 Marzo 2016 12:29

Regularización catastral

Regularización catastral

ANUNCIO-  Procedemento de regularización catastral

Polo Ministerio de Facenda e Administración Pública (Catastro) estase enviando á veciñanza de Soutomaior comunicacións relativas ás alteracións de descrición catastrais dos bens dos que son propietarios/as.

O prazo de presentación de alegacións é de 15 días contados a partir do días seguinte ó recibo da comunicación referida.

O Concello de Soutomaior contratou a unha empresa especializada no Catastro (que non é a mesma empresa que levou a cabo o traballo de regularización) para o asesoramento, cumprimentación de documentación e redacción dos recursos, no seu caso.

Así mesmo o Concello de Soutomaior informa que o asesoramento, redacción dos recursos e a cumprimentación de documentación por parte da empresa especializada faise de maneira gratuíta para todos os veciños/as

A referida empresa atenderá á veciñanza có seguinte calendario:

LUGAR: MULTIUSOS DE ARCADE HORARIO: DE 9 A 14:30 HORAS

DÍAS: 4, 7, 8, 11, 14, 15, 18, 21 e 22 de marzo.

Soutomaior, Marzo de 2016.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 2484 veces