fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 14 Setembro 2021 13:58

O Barrio da Devesa recibe o punto limpo móbil

O Barrio da Devesa recibe o punto limpo móbil

Neste mes de setembro de 2021, o punto limpo móbil do concello de Soutomaior foi colocado no barrio da Devesa para facilitar unha mellor separación dos residuos domésticos que non dispoñen de contedor específico na vía pública.

Dende o Concello  rógase á veciñanza que a roupa sexa introducida na boca de aporte correspondente sempre no interior de bolsas, xa que de non ser así pode sufrir danos e non servir para ser reciclada posteriormente.

Para calquera dúbida sobre o servizo está habilitado o seguinte número de teléfono: 660821131.


 


Publicado en Medio Ambiente
Visto 547 veces