fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 04 Xuño 2021 14:04

Soutomaior súmase á campaña "Unha árbore por Europa"

Soutomaior súmase á campaña "Unha árbore por Europa"

O Concello de Soutomaior súmase á campaña #UnArbolPorEuropa asinando o manifesto que nace por iniciativa de Equipo Europa a raíz dunha proposta de David Sassoli, Presidente do Parlamento Europeo.

Os Concellos partícipes asumen o compromiso de plantar unha árbore no municipio, visibilizar a importancia do desenvolvemento sostible no ámbito local e involucrar á mocidade nestes obxectivos. Con tal motivo durante esta primeira semana de xuño os centros educativos acolleron estes actos co fin de implicar ao alumnado e sensibilizalo sobre a necesidade de sumar árbores para aumentar a biodiversidade do planeta.

No caso concreto de Soutomaior plantaranse seis árbores grazas á colaboración e implicación do profesorado e alumnado dos centros educativos. Así ó longo desta semana plantáronse:

Mércores 2 de xuño: Escola Intantil de Romariz plantando unha  liquidámbar (nome científico Liquidambar), un xénero de fanerógamas pertencente á familia Altingiaceae, que ás veces é considerada como unha parte de Hamamelidaceae

Venres 4 de xuño: 

  • Escola Infantil Galiña Azul (alumnado de 2-3 anos),plantando  no Peirao de Arcade unha Prunus Serrulata chamada comunmente cerdeira de flor xaponés, que é unha especie de cerdeira nativa de XapónCorea e China. Utilízase para uso ornamental pola súa floración primaveral.
  • IES Soutomaior (alumnado de 1º ESO),plantando no propio centro tres Fagus Sylvatica, ou "haya" común, é unha árbore caducifolioda familia das fagáceas.
  • CEIP M. Padin Truiteiro (alumnado de primaria),plantando unha moreiras (Morus), unha árbore caducifolia nativa de rexións cálidas e temperadas de AsiaÁfrica e Norteamérica. O seu uso na xardinaría mediterránea débese á súa resistencia á seca polo que soportará moi ben as condicións climatolóxicas que se dan no propio centro onde foi plantada.

Moitas grazas a todos e a todas por participar e contribuír con este proxecto e así reducir os niveis de CO2 .


Publicado en Medio Ambiente
Visto 413 veces

Medios