fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 04 Xuño 2021 13:15

O barrio de Rial-Lourido recibe o punto limpo móbil durante xuño

O barrio de Rial-Lourido recibe o punto limpo móbil durante xuño

O punto limpo móbil do concello de Soutomaior ubicouse no barrio de Rial-Lourido para prestar servizo durante todo o mes de xuño. O lugar elixido foi o aparcamento a carón da igrexa de San Salvador (Rial).

O vehículo, destinado á recollida de residuos que non dispoñen de contedores especiais colocados na rúa, presenta distintas bocas polas que aportar as distintas fraccións.

Dende o concello de Soutomaior insístese en que a roupa depositada no mesmo, debe ser introducida no interior de bolsas de plástico, xa que do contrario esas prendas non se poden reciclar posteriormente.

Se existe calquera dúbida sobre o servizo do punto limpo móbil habilítase o teléfono: 660821131.


 


Publicado en Medio Ambiente
Visto 182 veces