fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 03 Mai 2021 11:02

Charla: A avespa asiática

Charla: A avespa asiática

Venres 7 de maio ás 19,30 h. Multiúsos, Arcade

A chegada da primavera activa ás raíñas da avespa velutina, que inician a construción dos niños primarios. É o momento de empezar a colocar trampas, caseiras ou comerciais, para tentar frear a expansión destas avespas e a ameaza que supoñen para a apicultura, así como o risco para as persoas pois a súa picadura pode ser mortal.

Cando o niño primario está habitado, a raíña sae para construír o secundario, máis grande e con máis avespas. Iso é o que agora tratan de frear os expertos do Seaga –encargados do plan da administración autonómica ao que se adscribiron este ano máis de 300 concellos de Galicia.

Para tratar todos estes temas os biólogos da Uvigo Francisco Barriero  Romano e Aarón Lagoa Nuñez impartirán a charla sobre a avespa asiática.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 687 veces