fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 04 Marzo 2021 09:51

O punto limpo móbil trasládase á zona da Xesteira

O punto limpo móbil trasládase á zona da Xesteira

O punto limpo móbil foi trasladado ata a zona da Xesteira (inmediacións da casa cuartel da Garda Civil en Arcade) logo de prestar servizo durante o mes de febreiro en Moreira. Tal e como xa se anunciara na nova do mes anterior, onde se podía ollar o calendario cas distintas localizacións para todo o ano 2021, estará situado neste barrio durante o mes de marzo. 

Este vehículo, suministrado grazas ás axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ó programa Feder Galicia 2014-2020, ten como fin a recollida daqueles residuos domésticos que non dispoñen de contedores na vía pública para a súa recollida selectiva.

Cómpre lembrar que a roupa ten que ser introducida na súa boca de aporte en bolsas pechadas e o aceite usado en botellas de plástico ben cerradas para evitar posibles derrames.

Ante calquera dúbida que poida resultar sobre este servizo pode solicitar información no teléfono: 660821131.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 1041 veces