fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 11 Febreiro 2021 10:11

Acordos para a limpeza de leiras nas franxas de protección contraincendios

Acordos para a limpeza de leiras nas franxas de protección contraincendios

O Concello de Soutomaior está a traballar para acometer a limpeza das franxas de protección contra incendios antes deste verán.

Ata o momento o consistorio xa xestionou un total de 1100 convenios con veciños para realizar a limpeza das súas propiedades de forma subvencionada, o que representará un total de 73,48 hectáreas de superficie libre de maleza .

Así, as tarefas de limpeza xa levaron a cabo en 816 propiedades nas diversas franxas de protección ao redor dos núcleos de poboación, o que suma un total de 60,36 hectáreas. Principalmente trátase de pequenas parcelas rozadas de forma manual xa que as propiedades de maior tamaño, na súa maioría convidas coas comunidades de montes, limparanse con tractores e medios mecánicos.

A xestión de convenios entre a entidade encargada da limpeza, SEAGA, e os veciños con propiedades nestas franxas van a bo ritmo e en poucas semanas teremos unha parte moi importante das franxas en perfectas condicións para a chegada do verán e ademais a un prezo inmellorable para os veciños xa que a tarifa do convenio de limpeza é de 30 euros cada mil metros cadrados.

Do mesmo xeito, xa comezaron a realizarse as execucións subsidiarias nas 44 parcelas que non contan cun propietario coñecido.

Cando finalicen, comezarán a executarse as limpezas nas parcelas cuxos propietarios non se fixeron cargo da xestión da biomasa.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 828 veces