fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 11 Xaneiro 2021 12:59

A Xunta convoca as axudas para o programa de rehabilitación enerxética de edificios existentes

A Xunta convoca as axudas para o programa de rehabilitación enerxética de edificios existentes

As axudas para a mellora e reforma enerxética de vivendas e edificios poden solicitarse dende o 2 de xaneiro de 2021 trala súa publicacion no Diario Oficial de Galicia.

Os beneficiarios, que só poderán presentar as súas solicitudes por medios telemáticos, son os propietarios de vivendas e as comunidades de propietarios, que poderán acollerse ós incentivos para actuacións de mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica, de emprego de enerxías renovables ou de mellora das instalacións de iluminación.

Estas axudas son compatibles con outras axudas concedidas para o mesmo fin, sempre que non se supere o custe de actuación e as outras axudas non conten con cofinanciamento de fondos europeos.

Cabe salientar a este respecto que o concello de Soutomaior se adheriu ó Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía Sustentable no ano 2020, pacto cuxo fin e a reducción na emisión de gases de efecto invernadoiro. Para lograr este fin, non só se debe incidir nas administracións, senón tamén nos edificios privados polo que esta convocatoria pode ser un axeitado medio para axudar neste obxetivo.

Pódese consultar todo o referente á convocatoria no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI406C&ano=2020&numpub=1&lang=gl


Publicado en Medio Ambiente
Visto 659 veces