fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 07 Decembro 2020 14:13

Eliminación da presa Ponte do inferno

Eliminación da presa Ponte do inferno

O Concelllo de Soutomaior e a plataforma Pladever acaban de subscribir un manifesto para solicitar a eliminación da central eléctrica Ponche do Inferno, situada no leito do río Verdugo. O acordo, ademais da petición de eliminación da presa e o seu aproveitamento hidroeléctrico, inclúe unha petición para a creación dun plan de restauración ecolóxica para o rio.

Segundo o Plan Hidrolóxico de Galicia, o prazo de concesión para a central hidroeléctrica finalizou en marzo de 2017, despois de 131 anos de explotación. Durante este tempo, a presa impedía o tránsito de especies migratorias como a anguía, o salmón e a lamprea.

Así, segundo indica o manifesto subscrito polos representantes municipais, a eliminación da presa e a posterior restauración do leito orixinal do rio supoñería a recuperación dun tramo de 2 km do rio Verdugo e 5 km do rio San Vicente para estas especies, ademais dunha mellora na flora circundante, afectada polo estancamento da balsa de auga.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 441 veces