fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 30 Novembro 2020 13:27

O Concello de Soutomaior ven de aprobar o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES)

O Concello de Soutomaior  ven de aprobar o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES)

O concello de Soutomaior aprobou o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) que marcará as liñas mestras que deberá seguir de cara a avanzar na sostibilidade e na mellora do medio ambiente.

Esta aprobación do PACES é un dos pasos precisos a levar a cabo dentro do Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía ó que o Concello de Soutomaior se adheriu en xaneiro de 2020. Os compromisos adquiridos neste pacto foron:

·         Reducir as emisións de CO2 nun 40% como mínimo de cara a 2030 a través da mellora da eficiencia enerxética e dun maior emprego de enerxías renovables.

·         Aumentar a resiliencia mediante a adaptación ás repercusións do cambio climático.

Na elaboración deste documento realizouse un inventario de emisións de referencia (establecendo o ano 2010 como ano de referencia) e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades derivadas do cambio climático.

Outro dos requisitos relativos á adhesión ó mencionado Pacto, é o compromiso de presentar traballos de seguemento e control destas cifras para coñecer e avaliar a súa evolución co paso do tempo.

EnergyLab, empresa localizada no campus universitario de Vigo e especializada na eficiencia e sostibilidade enerxética, foi a encargada de prestar a asistencia técnica para a elaboración deste plan, por un importe de 5995.55€, custe que foi sufragado ó 100% ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto das Alcaldes para o Clima e a Enerxía, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 mediante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

As tarefas que se realizaron para a elaboración do PACES, nun traballo conxunto entre EnergyLab e técnicas/os do concello de Soutomaior, van dende un inventario de emisións de referencia, unha diagnose enerxética, unha avaliación de riscos e vulnerabilidades climáticas, ata finalmente a proposta dunha serie de accións de mitigación para poder acadar os ambiciosos obxetivos do Pacto das Alcaldías.


 


Publicado en Medio Ambiente
Visto 460 veces